mércores, 16 de abril de 2014

Traballo dos pais.

Foi toda unha experiencia a participación dos pais e nais en clase. Aprendemos as articulacións do corpo, a facer un retrato, a saber como eran os primeiros teléfonos, como funciona un airbag, como son as clases no instituto, como chegan os contenedores dos barcos dende Asia, como falan os golfiños, como se constrúen as casas, como se fan os camiños, piscinas, depuradoras, como nos axudan os medicamentos, como son as garderías, como eran os primeiros habitantes galaicos... a todos mil grazas por participar e enriquecernos un pouco máis.


Ningún comentario:

Publicar un comentario