xoves, 6 de novembro de 2014

DERRADEIRA NOVA

Xa sei que fai tempo que rematou o curso. Non sei se entrades neste blog. Tomei a decisión de deixalo sen pechar, tampouco de borralo porque teño morriña de todo canto aconteceu... ademais de cando en vez veño por aquí a buscar algún recurso que sego empregando.


luns, 16 de xuño de 2014

Semana de Brasil






Estamos na semana de Brasil por mor do Mundial de Fútbol. Para saber un pouco máis dese magnífico país mostraremos aspectos interesantes de Brasil.
                                            
                                                                   

                                         As mellores cancións de Brasil.

                                O mellor malabarista do balón.

mércores, 11 de xuño de 2014

CAMPEÓN DE XADREZ

Podedes ver a crónica da partida na sección Campeonato de Xadrez.
Aquí está o gañador. Noraboa Ignacio.

venres, 6 de xuño de 2014

VISITA DOS DE SEXTO

Hoxe os de sexto curso viñeron a dar unha clase sobre Historia e monumentos que é o tema que estamos dando. Foron unhos auténticos mestres, ata lles fixeron un exame.



 

luns, 2 de xuño de 2014

xoves, 29 de maio de 2014

Un compañeiro inesperado


Apareceu no recreo e Pablo Alonso, que andaba furgando na terra atopou un Escornabois ou Vacaloura. Tras duras negociacións chegamos ó acordo de liberalo. Este é o exemplar que atopamos




       Este é un video de como vai a ser de maior.