RECEITAS

Aquí están as recetas que traemos á clase. Algunhas son porque estamos de aniversario e outras porque simplemente queriamos compartir con todos un postre que fixemos en casa. 


                                                                                        



BIZCOITO DE CLAUDIA




Ingredientes:



8 ovos

1 iogur

1 medida de iogur de aceite de xirasol.

2 lavadura

2 medidas de iogur de sucre

3 medidas de iogur de fariña



Elaboración. 



Xúntase todo nunha cunca; o iogur os ovos, o aceite e o sucre.
Bátese todo moi ben. Cando esté bótaselle a fariña e a lavadura.
Renóvese ben e bótase nun recipiente previamente engrasado e
ó forno a 180º.

PD: A foto non está porque estaba tan bo que o zampamos todo e logo ocurríusenos por esta
receta aquí, pero xa non tiñamos o bizcoito.

BIZCOITO DE ANTONIO

Ingredientes:
 
3 ovos
1 sobre de Royal
1 iogurt natural
3 medidas de iogurt de fariña
2 medidas de iogurt de sucre
1 medida de iogurt de aceite
raiadura de limón.


 Elaboración:
 Bátese todo coa batidora e ponse ó forno a 180º durante aproximadamente 20 ou 25 minutos.


                       GALLETAS DE ANA

Ingredientes:
100 gr amendoa moída.
300 gr fariña de repostería.
170 gr. manteiga a temperatura ambiente.
1 ovo.
130 gr. de sucre.

Elaboración:

1º.Mistúranse todos os ingredientes e faise unha bola. 
2º.Cúbrese con film transparente e deixase repousar 15 minutos na neveira.
3º. Esténdese a masa e córtanse as galletas.
4º. Métense as galletas no forno durante 15-20 minutos a 160º.
5º. Cando estén frías as galletas espolvoréanse con sucre glacé ou adórnanse.




                     (quen se vos parece este.... coa cinta e todo.)

     --------------------------------------------------------------------------------


                    GALLETAS E MAGDALENAS DE SOPHIE


Ingredientes:
 (para 50  unidades)
100 gr de améndoas crudas.
300 gr de fariña de repostería.
170 gr de manteiga a temperatura ambiente.
1 ovo.
130 gr de sucre. 

Elaboración:

1º. Póñense a améndoas nun vaso e tritúrase dez segundos. Retírase o vaso e resérvase.

2º. Sen lavar o vaso ponse a fariña, a manteiga en trozos, o ovo, o sucre e as améndoas trituradas. Mistúrase todo.

3º.Retiramos a masa do vaso, formamos unha bola e cubrímola con film transparente. Deixamos reposar durante 15 minutos no frigorífico.

4º. Quentamos o forno a 160º.

5º. Estiramos a masa ata deixala nun grosor de 1/2 centímetros. Cortamos as pastas con distintas formas e colocámolas nunha bandexa e forméanse durante 15 ou 20 minutos.

6º Decorar como se queiran. 

                                          Este é o resultado 










  


Ningún comentario:

Publicar un comentario