Por aquí pasarán as novas que nos acontecen ou que escoitamos e vimos na televisión.
----------------------------------------------------------------------------------
Mércores 27-11-13
Por Antía.
Hoxe no recreo unha nena empezou a chorar porque tiña unha abella na espalda e tamén creo que lle sangraba o pescozo.
----------------------------------------------------------------------------------
Xoves 28-11-13
Por Antía
O pai dunha nena chamada Rocío Rodríguez Blas lanzou un satélite ó espacio.
---------------------------------------------------------------------------------
Xoves 12-12-13
Por Sophie.
Un señor perdeu unha carteira que tiña un décimo premiado de lotería e dous mil euros. E unha señora atopouna e entregouna a policía.
---------------------------------------------------------------------------------
Venres 13-12-13
Clase.
Unha gaivota entrou ó colexio pola porta principal, subiu un andar e logo outro ata chegar a clase de 2ºA onde estivo voando polas cabezas dos alumnos ata que por fin saíu pola xanela. Foi increible.
--------------------------------------------------------------------------------
Mércores 18-12-13
Por Sophie.
Se pensades que os gatos beben cervexa é un conto estades equivocados. O meu gato Suty Sambou encántalle beber cervexa.
-------------------------------------------------------------------------------- Luns 13- 1- 14
Por Jerome.
Hoxe no recreo unha gaivota levoume o bocadillo. Estaba andando e unha gaivota posouseme na cabeza e colleume o bocata. Que fastidio !!.
---------------------------------------------------------------------------------
Luns 12-5-84
Por Claudia.
O home máis vello do mundo naceu no 1890 e agora mesmo ten 126 anos.
Tíranse varios homes dunha ponte de 15 metros. Un deles tiña máis de 53 anos e cando saiu o seu corpo a superficie estaba inconsciente.
---------------------------------------------------------------------------------
Ningún comentario:
Publicar un comentario