xoves, 20 de marzo de 2014

Visita moi especial

Para rematar o tema dos planetas tivemos unha visita moi especial. Trátase de Ángel un afecionado en astronomía e un dos respolsabeis do observatorio de Cotobade, quen nos ilustrou cunha clase maxistral sobre o universo. Tivo a paciencia de contestar as mil e unha pregunta que se lle formulamos. Todos quedamos encantados e con ganas de mirar ó ceo de noite.




Pablo móstralle orgulloso o seu planetario.



1 comentario:

  1. Tamén eu quedei encantado de compartir esa hora con vos. O da observación nocturna non hai mais que planificalo.
    Un saúdo para todos eses futuros astrónomos

    ResponderEliminar