xoves, 6 de novembro de 2014

DERRADEIRA NOVA

Xa sei que fai tempo que rematou o curso. Non sei se entrades neste blog. Tomei a decisión de deixalo sen pechar, tampouco de borralo porque teño morriña de todo canto aconteceu... ademais de cando en vez veño por aquí a buscar algún recurso que sego empregando.


luns, 16 de xuño de 2014

Semana de Brasil






Estamos na semana de Brasil por mor do Mundial de Fútbol. Para saber un pouco máis dese magnífico país mostraremos aspectos interesantes de Brasil.
                                            
                                                                   

                                         As mellores cancións de Brasil.

                                O mellor malabarista do balón.

mércores, 11 de xuño de 2014

CAMPEÓN DE XADREZ

Podedes ver a crónica da partida na sección Campeonato de Xadrez.
Aquí está o gañador. Noraboa Ignacio.

venres, 6 de xuño de 2014

VISITA DOS DE SEXTO

Hoxe os de sexto curso viñeron a dar unha clase sobre Historia e monumentos que é o tema que estamos dando. Foron unhos auténticos mestres, ata lles fixeron un exame.



 

luns, 2 de xuño de 2014

xoves, 29 de maio de 2014

Un compañeiro inesperado


Apareceu no recreo e Pablo Alonso, que andaba furgando na terra atopou un Escornabois ou Vacaloura. Tras duras negociacións chegamos ó acordo de liberalo. Este é o exemplar que atopamos




       Este é un video de como vai a ser de maior.


 

mércores, 28 de maio de 2014

CAMPEONATO DE PATINAXE

Organizado polo Concello de Vigo no Pabillón das Travesas realizouse un campeonato de patinaxe onde participaron varios colexios entre eles o García Barbón. Contou coa participación de Sofía, Sophie, Daniela e Mila F. Ó rematar o alcalde entregou diplonas e agasallos. Foi un bo traballo en equipo por parte de todos e a actuación foi maravillosa. Parabéns as nosas representantes.


luns, 26 de maio de 2014

CALENDARIO SEMANAL

26-5-14 Héctor e Eli participan en Kunfú.
              Celia, Pablo Delgado, Mila F, David. Cantan en inglés.
27-5-14 Día do Patín. Participan Sophie, Milagros F., Daniela e Sofía.
28-5-14 Baloncesto contra os pais. Participan Ana e Sara.
29-5-14  Obra de Teatro. Participan Celia e Daniela.
30-5-14 Último día de Fútbol. Participan Daniel, Ignacio e Pablo Alonso.    

venres, 23 de maio de 2014

NOVAS FOTOS

Xa podedes ir a Actividades e ver as fotos do Gadis e Sopa de Caracol

LIBRO DE LEONARDO DA VINCI

Martiño trouxonos un libro moi interesante titulado As Máquinas de Leonardo, onde poidemos ver a gran imaxinación que tiña e as distintas aplicacións que lle deu; a guerra, aviación, pontes, música...








 

xoves, 22 de maio de 2014

martes, 20 de maio de 2014

GAÑADOR

Aquí está o campeón da Taboa de Multiplicar. Noraboa a Pablo Alonso.


 

luns, 19 de maio de 2014

NORABOA PARA ANTÍA

Antía foi a gañadora do II Concurso Literario Museo Liste. E como premio iremos todos ó museo cunha visita guiada.



FINALISTAS DA TABOA

Estes son os finalistas da taboa de multiplicar. Son os que foron máis rápidos en contestar porque nas rondas que houbo todos acertaron a taboa.


venres, 16 de maio de 2014

RECOMENDACIÓN LITERARIA

Os xogos cambiaron moito. É dificil explicarlle as novas xeracións que antes xogabamos con calquer cousa e non tiñamos internet nin videoxogos... pero a imaxinación percorría polo noso corpo e por todo aquelo que tocabamos. Este libro recolle aqueles xoguetes que faciamos antano, grazas Catarina por amosárnolo.









 

martes, 13 de maio de 2014

REPASA A TABOA

Podes achegarte a sección de RECURSOS  e axudarte cun xogo para aprender e repasar a taboa.

martes, 6 de maio de 2014

NOVOS VIDEOS

Pasade pola sección de videos que hai dous máis sobre o axedrez.

Por certo moitas gracias a todas as persoas que visitades este blog, sobre todo a esas que entrades diariamente en busca de novidades. Dá gusto saber que hai alguén ademáis dos meu obrigados alumnos que entran.

venres, 25 de abril de 2014

NOVAS FOTOS

Xa están as fotos da comida medieval e o video da visita ó Museo do Mar. (Na sección de Actividades)

mércores, 16 de abril de 2014

Traballo dos pais.

Foi toda unha experiencia a participación dos pais e nais en clase. Aprendemos as articulacións do corpo, a facer un retrato, a saber como eran os primeiros teléfonos, como funciona un airbag, como son as clases no instituto, como chegan os contenedores dos barcos dende Asia, como falan os golfiños, como se constrúen as casas, como se fan os camiños, piscinas, depuradoras, como nos axudan os medicamentos, como son as garderías, como eran os primeiros habitantes galaicos... a todos mil grazas por participar e enriquecernos un pouco máis.


xoves, 20 de marzo de 2014

Visita moi especial

Para rematar o tema dos planetas tivemos unha visita moi especial. Trátase de Ángel un afecionado en astronomía e un dos respolsabeis do observatorio de Cotobade, quen nos ilustrou cunha clase maxistral sobre o universo. Tivo a paciencia de contestar as mil e unha pregunta que se lle formulamos. Todos quedamos encantados e con ganas de mirar ó ceo de noite.




Pablo móstralle orgulloso o seu planetario.



martes, 18 de febreiro de 2014

SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO




                                                            

venres, 7 de febreiro de 2014

Prantamos e colaboramos





Participamos na elaboración do Conto Colectivo do Cole. Pódese ver na Sección Creamos.

Comenzamos a prantar. Podes ver o seguimento na sección de Investigo. 

luns, 3 de febreiro de 2014

CICLO DA AUGA








                                                                    CICLO DA AUGA

venres, 10 de xaneiro de 2014

Árbores




Este mes estamos estudando as árbores, os arbustos e as herbas. Mirade na sección de Videos as árbores máis impresionantes. Tamén na sección de Contos hai un corto de Disney do ano 1932 que foi galardoada co o Oscar ó mellor guión chámase Árboles y Flores.