Apareceu no recreo e Pablo Alonso, que andaba furgando na terra atopou un Escornabois ou Vacaloura. Tras duras negociacións chegamos ó acordo de liberalo. Este é o exemplar que atopamos
Organizado polo Concello de Vigo no Pabillón das Travesas realizouse un campeonato de patinaxe onde participaron varios colexios entre eles o García Barbón. Contou coa participación de Sofía, Sophie, Daniela e Mila F. Ó rematar o alcalde entregou diplonas e agasallos. Foi un bo traballo en equipo por parte de todos e a actuación foi maravillosa. Parabéns as nosas representantes.
26-5-14 Héctor e Eli participan en Kunfú. Celia, Pablo Delgado, Mila F, David. Cantan en inglés. 27-5-14 Día do Patín. Participan Sophie, Milagros F., Daniela e Sofía. 28-5-14 Baloncesto contra os pais. Participan Ana e Sara. 29-5-14 Obra de Teatro. Participan Celia e Daniela. 30-5-14 Último día de Fútbol. Participan Daniel, Ignacio e Pablo Alonso.
Martiño trouxonos un libro moi interesante titulado As Máquinas de Leonardo, onde poidemos ver a gran imaxinación que tiña e as distintas aplicacións que lle deu; a guerra, aviación, pontes, música...
Os xogos cambiaron moito. É dificil explicarlle as novas xeracións que antes xogabamos con calquer cousa e non tiñamos internet nin videoxogos... pero a imaxinación percorría polo noso corpo e por todo aquelo que tocabamos. Este libro recolle aqueles xoguetes que faciamos antano, grazas Catarina por amosárnolo.
Pasade pola sección de videos que hai dous máis sobre o axedrez.
Por certo moitas gracias a todas as persoas que visitades este blog, sobre todo a esas que entrades diariamente en busca de novidades. Dá gusto saber que hai alguén ademáis dos meu obrigados alumnos que entran.